Fuxan os Ventos, Letras I
A Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dalle o rabo.
Bailache, Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!
A Carolina é unha tola
que todo fai o revés;
vestese pola cabeza
e dispese polos pes
O señor cura non baila
porque tén unha coroa.
baile, señor cura, baile,
que Dios todo llo perdoa.
No curro da Carolina
non entra carro pechado
namais entra Carolina
co seu cocho polo rabo.
Bailaches, Carolina…
………………………………
Co meu amor Carolina
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
i emoi mala de baixar.
A sarandilleira
a sarandilleira
e dun barrio todas tres
sarandilla andare, sarandilla aié.
Fixeron unha merenda
para ir ó San Andrés.
Unha puxo trinta ovos
para cada unha dez.
Outra leva unha empanada
de tres codos a un través.
Outra leva un pelexiño
de dous cántaros a tres.
Aló pola media noite
veu o marido da Inés.
E dinlle todas á unha
e ti aquí ¿para que vés?
Pra facer unha merenda
ben chegamos no-las tres.
A Voda
ó máis alto corredor,
que verás como vai guapa
a filla do labrador.
En cada cueira leva
vara e media de listón,
en cada queixada leva
libra e media de color.
Casa cun Conde galán,
casa cun rico señor,
e gaitas e pandeiriños
repican na procesión.
Ó chegar onde a capilla
entran pra misa maior,
e o que toca as campanas
non as pode tocar, non.
E o crego que dice a misa,
non a pode dicir, non,
e o galán que lle axudaba
morreuse na confesión.
Ai, Rosiña
heicho de dar que o teño
papas de millo miúdo, ai Rosiña,
feitas no pote pequeno.
Coas soedades non podo
axolleta-lo xustillo
que me quedan os amores
pola feira de Berdillo
pola feira de Rianxo
coas soedades non podo
axolleta-lo refaixo.
Paxariño millarento, ai Rosiña,
que estás na punta do toxo
ti sera-lo alcahuete, ai Rosiña,
das nenas do pelo roxo.
Coas soedades…
María se foras rosa, ai Rosiña
te llevaría en el sombrero, rosa.
Pero como eres María, ai Rosiña,
en el corazón te llevo, rosa.
Ergue o sombreiro pra arriba, ai Rosiña,
que che quero ve-los ollos, rosa.
Anque che son moreniña, ai Rosiña,
ainda non me gustan todos, rosa.
Alala da pena
Ai, vállame Dios, que lostrexos se ven,
Pedrisca nos campos de Vilar de Fortes.
Ai, millo milliño do meu corazón.
Quen ten amores non dorme.
Eu tamén antes eisí faguía,
e agora que non os teño,
durmo sempre, de noite e de día.
Os amores quitan sono,
e eu sen eles
xa non teño dono.
Alalas
temos medo hastra da Terra,
pra cando os fílliños nosos,
terán Patria e sin míseria,
ai la le lo………….
Pra probe non hai padriño
nin porta ningunha aberta
pra o probe non hai xusticia
se o braz torto non leva,
a la le lelo………….
Adiós, meus fiIlos, adiós,
adiós, chouza dos meus vellos!
Ben sabes, por qué me vou!,
ben sabes, por qué vos deixo.
ANQUE NOITE FOI,
ANQUE A NOITE AINDA ESTA,
ANQUE O MEDO ROE NOS OSOS,
A PRIMAVERA VIRÁ!
SOMOS POBO OUE,
MAU CON MAU,
MUNHA VONTA,
BUSCAMO-LO FIN DO INVERNO,
CARA A NOSA LIBERTADE!
Alegría, meus amigos
máis alegría e placer
contan que naceu un Neno
Garrido e de Gran Xacer!
Alcendemos catro oallas
e corremos pra Belén
que contan moitos milagres
e cousas diñas de ver!
Meu Meniño, Miña Rosa
miña Prendiña, meu Ben
Ti serás noso Consolo
Ti serás, Reí de Israel
Aló a medianoite
cando o galo canta,
nunha vila santa
que chaman Belen,
nunhas probes pallas,
nun pequeno estabro,
naceu, malpocado!,
Xesús, Noso Ben!
E cheiño de frío
non tiña a ninguén,
soio dáballe alento
a mula i o boi.
E voseutros, rapaciños!
cheios de gozo, ide a buscar!
Algunha cousiña que ó Noso Meniño,
poidamos levar! (bis)
…continuará
Tuitear 3.997 Veces leído 1 comentario |
7 agosto 2010 en En Internet | tags: En Internet, Galicia, Te lo recomiendo |
http://www.onironautas.org/