Proxecto punteiro...

outro proxecto da web www.pesadillo.com

Proxecto Punteiro

Un novo proxecto

Voltando á tradición!

Un día destes teño que facelo...

Contexto

Neste pequeno apartado, farei unha pequena cronoloxía.

Nun primeiro lugar considerando os 'feitos MÁIS IMPORTANTES', facendo referencia o que vivín todo este tempo que veño agardando para desenvolver o meu proxecto punteiro:

Inicio do proxecto nos FOROS de electrónica

1999 Atopo na rede a José Presedo

2000 Hevia patenta a gaita MIDI.

2005 - HOXE. Arduino facilita a programación.

2010-2015 Aparición do proxecto echanter ARDUINO

2011-2012 Aparición do proxecto openpipe ARDUINO

2012 Aparición do proxecto de Daniel Martinez

2017 Aparición do proxecto eBaghet

2020 Aparición do proxecto GAEGA

2020 Aparición do proxecto Pumarada

2021 Aparición do proxecto Xurxo Jachia

Moito do material aquí referenciado, está suxeito a licencia Creative Commos

O proxecto...

Meu agradecemento os meus compañeiros, que me acompañan neste proxecto de rescata-la idea do punteiro electrónico. Unha idea que xurdiu polo ano 94 mentres estudaba electrónica.

Daquelas, non existía apenas microcontroladores (circuítos integrados). Estabamos a pasar da electrónica puramente analóxica, a aparición dos primeiros chips. Tiven a sorte de experimentar o cambio, pois meu pai, que traballaba na Peugeot, traía para casa o traballo; mentres eu andaba o redor curioseando. Por primeira vez, descubrín como se levaba a xestión dun almacén con tarxetas micro perforadas (eu axudaba o meu pai co proceso dos furados, que logo se enviaban á Central). Pouco máis tarde "a Voz de Galicia", sacaba semanalmente un "curso de programación", un "curso de MS-DOS", un "Curso de Basic"...

Uns anos máis tarde, tiven a sorte de dispor do meu primeiro ordenador e impresora!! (cedidos por un dos meus tíos, que tiña que "tirar a chatarra" para coller equipos novos para o taller). Un Amstrad PC 1512 (con dobre disqueteira de 5 1/4, e sen Disco duro) onde, comecei coa miña paixón, a electrónica, informática e programación (ata ficen un programa para aprender MORSE!!). Isto potenciouse aínda máis coa chegada do módem 36.600 a casa (o de ter que deixar o teléfono libre na casa, e comprar tarxetas de pre-pago, volveuse unha constancia). Isto da conexión a Internet, permitiume gozar de todas estas inquietudes, e deu paso á creación de páxinas webs,a participación nos grupos de discusión (FOROS), onde tiven a sorte coñecer e participar de varios proxectos.

Por dificultades de vida, non puiden gozar da electrónica, pois era moi caro o dispoñer de compoñentes electrónicos. Iso deu paso en min, a unha inquietude de "recompilar" aparellos, desmontalos, e poder ver e utilizar as súas pezas. Co segundo ordenador cedido, onde puiden pasar dun verde fosfórico (monocromo) a unha CGA de 16 cores, deu paso ó meu interese pola informática onde me volquei definitivamente. Por ese tempo xa tiña moitos "seguidores" na rede, que interactuaban coas miñas páxinas (relacionadas coa electrónica e curiosidades) e os meus diferentes "personaxes" (Nics) creados para os FOROS.

Todo ese desorde, deu lugar á decisión de concentrarme nun só proxecto. Alí naceu "pesadillo" e a súa páxina persoal, unha personaxe inquieta e bulideira que non paraba de facer cousas, e trataba de axudar os demais... "un pesado" de ver sempre a parte boa da xente. Ese NIC da IRC-Hispano deu paso a un proxecto maior (www.pesadillo.com), páxina referente da electrónica analóxica " (máis de 3 millóns de visitas), que me puxo en contacto con colexios e universidades (de latino América) interesadas nos circuítos e proxectos publicados.

Nun deses moitos FOROS coñecín o personaxe "Obijuan", que despertou de novo en min o interese polo mundo "Maker". Nestes anos pasábamos dos microcontroladores 16f84/87 a utilización do Arduino para todo. De feito "Obijuan" traballaba todo o seu proxecto de carreira co 16fxx e a Skypic, da que facíamos prototipados e copias (hardware libre!). Finalmente el acabou "enganchado" coma todos ó Arduino, facendo logo proxectos para a empresa BQ como zowi (unha copia do proxecto Otto -libre no seu día-, de Camilo Parra Palacio que eu estaba a seguir). Oxe OTTO Diy, xa é otro producto comercial.

Polo medio de todas estas historias, por casualidades da vida, volvín a entrar na electrónica participando en foros adicados as impresoras 3D, sendo dos primeiros en construír a Prusa i3 en Galicia, e meter a máis xente no proxecto (pois estaba de aquelas en contacto co FORO principal do proxecto RepRap).

Despois diso, todo foi un correr... Impresora 3D, CNC laser, ... outra impresora (unha Delta), unha impresora de resina.... e PUM!!!, Pandemia.

Considerada "unha empresa de primeira necesidade", (levábamos o mantemento de empresas do primeiro sector, xunto con organismos oficiais), NON puiden parar de traballar no confinamento. Mentras outros deron renda solta os seus proxectos (como o do asturiano Carlos Pumarada ). Eu como moito, puiden comezar con recuperar o proxecto da canle de vídeos de Youtube (ensinar o que sei), e facer varios aparellos electrónicos de divertimento (unha máquina de pompas de xabrón para cando tocaba sair a ventá a aplaudir).

Tras este "impas", no que voltei ó proxecto da canle de vídeos, e a retomar os lazos perdidos co tema tradicional, atopeime o proxecto do punteiro electrónico do Xurxo Jachía... nada novo para min, pois xa participara nos foros de onde saíron proxectos comerciais como "mastergaita" (www.mastergaita.com) e o "punteroelectronico" (www.punteroelectronico.es) e, o de, "iso tamén o podo facer eu", voltou a aparecer na miña cachola.

Todo este tempo, agardando para traballar no proxecto, foi por que o meu torno no permitía facer un furado polo medio. Non tiña máis sentido parar por iso. Púxenme mans a obra, e recuperei o torno parado dende o 2006 tras o falecemento do meu pai. Volvín o alboio tras moitos años, e puxenme a sacar as teas de araña, e limpar os utensilios... iso deu lugar o comezo do proxecto.

Un simple burato para uns, foi todo un reto para min. Por fin o dín conseguido (a cuarta), logo, nun par de días, e xa tiña o primero rematado e funcional (a beta1). Isto deu paso a necesidade de "facer as cousa ben", seguir a experimentar, e acompañar o tema con documentación de interese para moitos (aí xurde esta web).

Mantendo principios...

Por todo o comentado anteriormente, e partindo de que a miña idea inicial, que non era o do punteiro MIDI, se non a obtención de son "real"; continuei coa teima de manter a postura natural do uso do aparello (punteiro). Isto é, que se poda colocar na gaita, se poida utilizar de forma semellante a cando se está a tocar con ela, e que permita o ensaio semellante a un punteiro real. Todo isto pensando en facer o exercicio da POSTURA, e capacidade pulmonar, sen perder a posibilidade de utilizar o trebello de forma externa ó fol da gaita.

Traballando nese tema, estou a empregar distintos materias para o proxecto (podendo ser, ecolóxicos e reciclables).

E ahí andamos.

Principios básicos...

Na era dixital (computadoras), trabállase con 0 e 1. Isto para o tema do son, é unha "putada", por que o oído agarda escoitar un son limpo e sen distorsións (unha onda sinusoidal perfecta). E non digamos se queremos escoitar o son completo cos seus harmónicos (aí entran o ronco e o ronquillo, que se acoplan o son principal do punteiro).

Para conseguir facer estas cousas a nivel profesional, pasamos o que desexamos facer por diferentes aparellos para tentar conseguir o son máis real posible. Isto non é nada doado, xa que polo tanto, leva implícito a construción de placas de electrónica complicadas que tentan facer iso que queremos.

Nunha primeira etapa, apareceron tarxetas como a Sound Blaster (Creative Labs), que permitiu emular sons a través dun porto MIDI (cantas teño montado!!)... O instrumento "era tonto", non facía outra cousa que mandar impulsos cos códigos, que logo o sistema interpretaba e transformaba en ondas audíbeis mediante uns osciladores electrónicos. Logo dun tempo, foron aparecendo versións máis profesionais como as da marca ROLAND que teño visto e montado, nos equipos de moita xente que se dedica profesionalmente á música.

Toda esta xente (profesional), tentan conseguir o son máis puro posible empregando tecnoloxía moi cara. Neste proxecto, utilízase material moi básico que calquera rapaz xa está a empregar nos seus colexios, de feito, os sensores, non deixan de ser clips, e a electrónica, a teñen á man na aula de tecnoloxía. Todo o misterio atópase na programación, que deixa de ser misterio se entendes o que andas a facer. Nesta páxina atoparás documentación de interés para entender o punteiro da gaita galega e o seu funcionamento.

Por outra banda, se tentas conseguir un son máis real, poderías utilizar "samplers", conversores dixitais a analóxica, ou rematar indo a parte máis doada, facer unha flauta MIDI (Exemplo. 2019)... (xa che estou dando pistas),

Despóis de toda esta parrafada, non che conto como vai o tema?... non é así, estouche a dar as pistas, estouche a dicir, que para tentar facer algo, ai que saber o que andas a facer (non todo e copiar). E nisto da programación, pódense facer as cousas de moitas maneiras, xa que, "para chegar a Santiago, non só ai un camiño".

Este proxecto, en nada se parece os outros proxectos que podes atopar referenciados nesta páxina, e, aínda que fan "o mesmo", os seus principios e funcionamentos non son iguais. Aparte de que é un proxecto en evolución (non rematado), non pretende inventar nada, pois xa esta todo inventado.

De que vai a cousa...

O aparello consta de duas partes. A física (mecánica), chamada "hardware" na que andamos a trebellar, e a intelectual (tamén por traballar).

Na parte mecánica, por apariencia optouse por utilizar a madeira, xa que dispón doutra presencia e acabado. Na primeira versión beta1 utilizouse un simple tubo de cartón para incorporar a electrónica necesaria.

Na beta2, conseguiuse fabricar un aparello manexable tras varios intentos por traballar a madeira (facer as perforacións iniciais). Poderedes ver vídeos sobor disto no Youtube

Na beta3, fíxose máis incapé no da estética, acadando unha mellora considerabel, xa que en lugares de utilizar un toro de leña de eucalipto (como se fixo na beta2), utilizouse a madeira dos marcos dunhas portas. Quedando unha apariencia moi diferente.

Na parte intelectual, todos os contidos do proxecto parten do material que xa estaba recopilado con anterioridade na web www.pesadillo.com, e nos repositorios da web www.ticgalicia.com, páxina que recomendo, e onde se comparte contido para o profesorado das TICs de toda Galicia.

Isto é de utilidade...

Este proxecto, está a implicar a creación de material didáctico necesario para a comprensión do funcionamento do aparello, así como o coñecemento do manexo do instrumento base (a gaita galega).

Non nos facemos responsables de "accidentes" e demáis incidentes consecuencia de siguir instruccións contidas nos diferentes materiáis atopados nesta web.

LAMINA 502 - DIXITACIÓN DA GAITA GALEGA (PECHADO E ABERTO)

PUNTEIRO DE XURXO JACHIA

SOFTWARE

PROGRAMADOR - XLOADER

ACCESO PRIVADO

Contactar?

O proxecto non é un proxecto comercial, é un proxecto persoal.

Nestas líneas presentamos o proxecto para difusión interna (persoal e amigos).

Estado do proxecto de pesadillo.com

En que estado se atopa a historia?

Estou a facer probas (beta) para ver onde chega a cousa, con non tan mal resultado.

Unha vez rematado, o aparello vai á probas, onde estase a testar para correxir ese 20% que necesario para dar como vó o aparello.

O inconvinte destas probas de construcción, é a tardanza en dispor do material electrónico, o que me permite facer máis detalle na parte mecánica.

O punteiro en madeira, supón un 40% do esforzo total do proxecto.

A electrónica supón outro 40% a maiores, quedando un 20% para dividilo en probas caseiras na programación (10%) e probas doutros usuarios (outro 10%), que están a probar se funciona como ten que funcionar.

Estado do proxecto (Version 1):

Programación

Aparello físico

Vida do proxecto:
Beta 1
Beta 2
Beta 3
Beta 4 (ultima)

Version 1

Máis proxectos...

+