{"id":5295,"date":"2011-10-31T00:40:25","date_gmt":"2011-10-30T23:40:25","guid":{"rendered":"http:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/?p=5295"},"modified":"2012-08-12T17:30:13","modified_gmt":"2012-08-12T16:30:13","slug":"halloween-e-o-ano-novo-celta-en-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/?p=5295","title":{"rendered":"Halloween e o ano novo celta en Galicia"},"content":{"rendered":"<h2><a name=\"1\"><\/a><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; color: #000000; font-size: small;\">As orixes de Halloween<\/span><\/h2>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Inda que as orixes m\u00e1is lembradas da festa son americanas, a verdade \u00e9 que at\u00e9 1845 o Halloween non foi celebrado naquel pa\u00eds, alomenos dun xeito aberto. Os <em>\u00abpais pelegr\u00edns\u00bb<\/em> dos Estados Unidos, imbu\u00eddos pola s\u00faa fervenza relixiosa, ou ben desco\u00f1ec\u00edan a existencia desta festa, ou ben sinxelamente prohibiron celebrala.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Pero en 1845-46 un suceso de car\u00e1cter hist\u00f3rico \u00eda cambiar esta posici\u00f3n. Foi a grande fame que aconteceu en <strong>Irlanda<\/strong> a causa das malas colleitas da pataca. Daquela, a illa brit\u00e1nica estaba poboada por aproximadamente 12 mill\u00f3ns de persoas. S\u00f3 dez anos desp\u00f3is a poboaci\u00f3n era de 6 mill\u00f3ns, e inda hoxe non \u00e9 m\u00e1is grande. \u00bfOnde foron todos estes irlandeses? A meirande parte emigrou \u00f3s Estados Unidos, e o porto de New York converteuse nun fervedoiro de xente chegada da illa esmeralda, que tra\u00eda a s\u00faa relixi\u00f3n (o catolicismo) e as s\u00faas tradici\u00f3ns como o era<strong> Halloween<\/strong>.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">A tradici\u00f3n, polo tanto, non foi creada en Am\u00e9rica, sen\u00f3n que esta provi\u00f1a de Irlanda, onde se gardaron mellor as antigas tradici\u00f3ns celtas e dru\u00eddicas.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Orixinalmente esta festa dru\u00eddica cham\u00e1base <em>\u00aba vix\u00edlia de Saman\u00bb. O nome de \u00abHalloween\u00bb<\/em> ven do intento de cristianizar esta festa pagana, concretamente cando no ano 830 o papa Gregorio IV dedicou unha capela da igrexa vaticana a <em>\u00abT\u00f3dolos Santos\u00bb<\/em> o d\u00eda 1 de novembro, mudando as\u00ed a festa que antes se vi\u00f1a celebrando no mes de maio. O novo d\u00eda foi chamado <em>\u00abD\u00eda de T\u00f3dolos Santos\u00bb<\/em> (ou <em>All Hallow&#8217;s Day<\/em> en ingl\u00e9s) e cedo cheg\u00f3u o costume de chamar \u00e1 tardi\u00f1a antes <em>\u00abAll Hallowe&#8217;en\u00bb<\/em>, que acurtado \u00e9 <em>HALLOWEEN<\/em>.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Pero o feito importante \u00e9 que a cristianizaci\u00f3n desta festa celta fracasou, mentres que noutras festas coma Pascuas ou o Nadal o pobo esqueceu a verdadeira orixe da festa, co Halloween foi \u00f3 contrario.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">En efecto, a celebraci\u00f3n orixinal non se chamaba <em>Halloween<\/em>, sen\u00f3n <em>SAMAN<\/em>, <em>SAMAIN<\/em> ou <em>SHAMHAIN<\/em> (a verba pron\u00fanciase <em><strong>\u00abxao-in\u00bb<\/strong><\/em>), e comezou moito antes de Cristo entre os antigos pobos celtas.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Para os historiadores cristi\u00e1ns, os celtas observaban uns rituais no fin do ver\u00e1n e fac\u00edan sacrif\u00edcios a <strong>Sama\u00edn<\/strong>, que era o seu deus da morte e dos malos esp\u00edritos. Con esta festa sinal\u00e1base o comezo do novo ano celta.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Estes historiadores afirman que o deus dos dru\u00eddas cham\u00e1base <strong>Saman<\/strong>, <strong>Samana<\/strong>, <strong>Shamhain<\/strong> ou <strong>Samhain<\/strong>, e que esta festa era chamada <em>\u00aba vix\u00edlia de Saman\u00bb<\/em>. A moderna versi\u00f3n deste deus \u00e9 ese macabro esquelete cunha fouce na man que sen d\u00fabida veriades algunha vez nas pel\u00edculas. O esquelete \u00e9 co\u00f1ecido hoxend\u00eda entre os americanos coma the <em>grim reaper<\/em> (o <em>segador macabro<\/em>).<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">No seu libro <em>Halloween Through the Centuries<\/em>, o escritor Ralph Linton d\u00ed:\u00a0\u00a0 <em>\u00aba celebraci\u00f3n americana do Halloween ven de costumes populares escocesas e irlandesas que poden seguirse en li\u00f1a directa dende tempos pre-cristi\u00e1ns. As celebraci\u00f3ns m\u00e1is vellas mant\u00ed\u00f1anse polos dru\u00eddas en honra a <strong>Shamhain<\/strong>, o se\u00f1or dos mortos, e cuio festival cae o primeiro de novembro\u00bb<\/em>.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Segundo outras fontes, os celtas consideraban o d\u00eda 1\u00ba de novembro porque as follas comezaban a ca\u00edr, fac\u00edase de noite antes e a temperatura baixaba. Eles cr\u00edan que <strong>Muck Olla<\/strong>, o seu <strong>deus do sol<\/strong>, estaba a perder forza porque <em><strong>Samhain<\/strong>, <strong>se\u00f1or da morte<\/strong>,<\/em> estaba a vencelo. Adem\u00e1is, cr\u00edan que o 31 de outubro <strong><em>Samhain<\/em><\/strong> xuntaba os esp\u00edritos de todos aqueles que morreran durante o ano anterior. At\u00e1 ent\u00f3n eses esp\u00edritos estar\u00edan presos nos corpos dos animais, como castigo polos seus pecados.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Na v\u00e9spera da festa de <strong>Samhaim<\/strong>, ou sexa, o 31 de outubro, \u00f3s esp\u00edritos se lles permit\u00eda regresar \u00f3s seus fogares para visitar \u00f3s vivos. E para protexer \u00e1 xente, os dru\u00eddas dirix\u00edan \u00f3 pobo en ceremonias diab\u00f3licas de adoraci\u00f3n de cabalos, gatos, a\u00f1os negros, bois, etc. Todos eles, inclu\u00edndo alg\u00fans seres hum\u00e1ns, eran arroxados \u00f3 lume e ard\u00edan na fogueira, para aplacar a Samhain e evitar que os esp\u00edritos sofrisen danos.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Os dru\u00eddas ser\u00edan bruxos, practicantes de relixi\u00f3ns escuras. No s\u00e9culo I a.C. <strong>C\u00e9sar<\/strong> conquistou \u00f3s bret\u00f3ns, e na s\u00faa versi\u00f3n da historia (<em>A guerra das G\u00e1lias<\/em>) d\u00ed as\u00ed: <em>\u00abT\u00f3dalas naci\u00f3ns galas estaban entregadas \u00e1 superstici\u00f3n&#8230; ofrec\u00edan homes como v\u00edctimas \u00f3s deuses, ou fac\u00edan o voto de se sacrificaren eles mesmos. Os ministros nestes ofert\u00f3rios son os dru\u00eddas, quen soste\u00f1en que a ira dos deuses inmort\u00e1is s\u00f3 pode aplacarse, e o home ser redimido, ofrecendo sacrif\u00edcios hum\u00e1ns, e \u00e9 unha parte das s\u00faas instituci\u00f3ns nacionais t\u00e9r solemnidades fixas (cerim\u00f3nias) para este prop\u00f3sito\u00bb<\/em>.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Estas \u00absolemnidades fixas\u00bb ser\u00edan, segundo Richard Cavendish, no seu libro <em>Man, Myth and Magic<\/em>, os dous grandes <em>festivais do lume<\/em>, ou sexa, <strong><em>Beltane<\/em><\/strong>, a v\u00edspera do 1\u00ba de m\u00e1io e Samhain, na do 1\u00ba de novembro, para marca-los comezos do vrao e do inverno. Segundo Robert Graves, as catro datas eran a festa da Candelaria (2 de febreiro), a v\u00e9spera de Maio (30 de Abril), Lammas (1 de Agosto) e Halloween (31 de Outubro).<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">As adoraci\u00f3ns ti\u00f1an lugar neses d\u00edas nas carballeiras ou nos c\u00edrculos de pedra, coma <strong>Stonhenge<\/strong>. Os historiadores afirman que a pr\u00e1ctica dos sacrif\u00edcios hum\u00e1ns \u00e9 <em>\u00abevidente\u00bb<\/em> porque polos arredores de Stonhenge foron atopados m\u00e1is de 350 t\u00famulos funerarios con restos hum\u00e1ns.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Unha das hist\u00f3rias m\u00e1is esperp\u00e9nticas, pero non por elo menos difundidas, encol da <em>\u00abverdade\u00bb<\/em> sobre o <strong>Halloween<\/strong>, ten moito que ver co top\u00f3nimo galego <em>\u00abCanabal\u00bb<\/em>. Alexander Hislop no seu libro <em>As d\u00faas Babil\u00f3nias<\/em>, d\u00ed: <em>\u00abO deus a quen adouraban os dru\u00eddas era <strong>Baal<\/strong>&#8230; temos evid\u00e9ncias de que fac\u00edan pasar \u00f3s seus nenos polo lume de <strong>Molech<\/strong>, e&#8230; en Xerem\u00edas 32:35, comparado con Xerem\u00edas 19:5, atopamos que esas d\u00faas partes pertencen a un mesmo sistema\u00bb<\/em>. Adem\u00e1is, este autor d\u00ed que <em>\u00abos sacerdotes de Nimrod ou Baal eran obrigados a comerse os sacrif\u00edcios hum\u00e1ns; e isto pas\u00f3u \u00e1 forma &#8216;Cahna-Bal&#8217;, (Cahna sinifica &#8216;sacerdote&#8217;) que quere dicir &#8216;devorador de carne hum\u00e1n'\u00bb<\/em>.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Como vemos, os apoios que adoitan usarse a prol dun Halloween diab\u00f3lico e malvado non son moi firmes: un historiador mediocre coma C\u00e9sar, e a terxversaci\u00f3n da mesm\u00edsima Biblia, na que nin por asomo aparecen mencionados os pobos celtas.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Sen d\u00fabida todas estas son historias moi macabras, e moitas igrexas fundamentalistas cristi\u00e1ns nos Estados Unidos seguen hoxend\u00eda espall\u00e1ndoas coma certezas indubidables, pero para os historiadores m\u00e1is serios, a moderna celebraci\u00f3n do Halloween non ti\u00f1a nada que ver con supostas adoraci\u00f3ns de demos, sen\u00f3n que \u00e9 a descendente do antigo festival celta do lume, chamado <em>\u00abSamhain\u00bb<\/em>.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">O diccionario Irland\u00e9s-Ingl\u00e9s editado pola Irish Texts Society define as\u00ed a palabra: <em>\u00ab<strong>Samhain<\/strong>, [All Hallowtide], a festa dos mortos en tempos do Paganismo e do Cristianismo, sinalando o fin da seitura e o comezo da tempada de inverno, que durar\u00e1 at\u00e1 maio, e durante o que as tropas (especialmente o Fiann) eran acuarteladas. Maxin\u00e1base que as fadas estaban particularmente activas durante esta estaci\u00f3n. Dende aqu\u00ed calcul\u00e1base o m\u00e9dio ano. Tam\u00e9n chamada &#8216;Feile Moingfinne&#8217; (Deusa da Neve).\u00bb<\/em><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Pola s\u00faa banda, o diccion\u00e1rio Ga\u00e9lico Escoc\u00e9s o define destoutro xeito: <em>\u00abHallowtide. A Festa de T\u00f3dalas Animas. Sam + Fuin = fin do vrao.\u00bb<\/em><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">O contr\u00e1rio da informaci\u00f3n aportada por moitas organizaci\u00f3ns, non existen evid\u00e9ncias nin arqueol\u00f3xicas nin liter\u00e1rias que indiquen que Samhain era unha deidade. Os deuses celtas dos mortos eran <strong>Gwynn<\/strong> <strong>ap Nudd<\/strong> para os Bret\u00f3ns, e <strong>Arawn<\/strong> entre os Galeses. Os irlandeses non ti\u00f1an un <em>\u00abse\u00f1or dos mortos\u00bb<\/em> coma tal.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Os celtas eran un pobo pastoril, coma contraposici\u00f3n a un pobo agricultor. A fin do ver\u00e1n era relevante para eles porque sinificaba a \u00e9poca do ano no que a estructura das s\u00faas vidas trocaba radicalmente. O gando baix\u00e1base das terras de pastos nas cu\u00ed\u00f1as e o pobo xunt\u00e1base no interior das casas para pasa-las longas noites de inverno contando contos e facendo traballos manuais.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Os celtas cr\u00edan que cando a xente morr\u00eda, \u00edan a unha terra de eterna xoventude e felicidade chamada <strong><em>Tir n\u00e1 Nog<\/em>.<\/strong> Eles non ti\u00f1an o concepto de ceo e inferno que a igrexa cristiana introduc\u00edu no pa\u00eds moitos s\u00e9culos despois. As veces pens\u00e1base que os mortos eran agochados onda o <em>Fairy Folk<\/em> (<em>\u00abA xente das fadas\u00bb<\/em>), quen viv\u00edan nos numerosos outeiros ou <em>\u00absidhe\u00bb<\/em> (pron\u00fanciase <em>\u00abxi\u00bb<\/em>) que salpican a campi\u00f1a irlandesa e escocesa.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">O <strong><em>Samhain<\/em><\/strong> era o <strong><em>aninovo dos celtas<\/em><\/strong>. No sistema de crenzas celta, os puntos de <em>\u00abda-la volta\u00bb<\/em>, coma o tempo entre un d\u00eda e o seguinte, o encontro do mar e a beiramar, ou o paso dun ano para o seguinte, eran vistos coma tempos m\u00e1xicos. O troco do ano era o m\u00e1is potente deses tempos. Este era o intre no que <em>\u00abo veo entre os mundos\u00bb<\/em> era m\u00e1is fino, e os vivos pod\u00edanse comunicar cos seus seres queridos mortos en <strong>Tir na Nog<\/strong>.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Os celtas non ti\u00f1an demos e dia\u00f1os no seu sistema de crenzas. As fadas, por\u00e9n, eran decote consideradas host\u00eds e perigosas para os hum\u00e1ns, porque se pensaba que estaban resentidas porque os homes lles colleran as s\u00faas terras.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Nesta noite, pod\u00edan \u00e1s veces enganar \u00f3s hum\u00e1ns fac\u00e9ndolles perderse nos t\u00famulos das fadas, onde ficar\u00edan atrapados para sempre. Ap\u00f3s da chegada dos cristi\u00e1ns \u00e1s terras dos celtas, alg\u00fans quixeron ver nas fadas a aqueles anxos que non apoiaron a Deus nin a Lucifer na s\u00faa rifa, e asemade, foron condeados a cami\u00f1ar pola terra ata o d\u00eda do xu\u00edzo.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">A relixi\u00f3n celta estaba moi ligada \u00e1 terra. As s\u00faas grandes lendas est\u00e1n cheas de acontecementos que sucederon durante o tempo de Samhain. Moitas das grandes batallas e lendas de reis e heroes c\u00e9ntranse nesta noite. Moitas das lendas oc\u00fapanse da promoci\u00f3n da fertilidade da terra e o aseguramento da continuidade das vidas da xente a trav\u00e9s da escura estaci\u00f3n do inverno.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00bfComo se observaba o festival relixioso? Desgraciadamente, sabemos moi pouco encol diso. W.G. Wood-Martin, no seu libro <em>Pegadas das Antigas Fes de Irlanda<\/em> d\u00ed: <em>\u00abHai comparativamente poucas pegadas da relixi\u00f3n dos dru\u00eddas descubertas at\u00e1 agora, ag\u00e1s no folklore dos labregos, e as refer\u00e9ncias relativas a ela que temos nos manuscritos irlandeses antigos son escasas e insuficientes para apoiar ningunha cousa que soe a teor\u00eda completa sobre o desenvolvemento da antiga relixi\u00f3n\u00bb<\/em>.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Os dru\u00eddas eran os sacerdotes dos pobos celtas. Adoitaban pasa-las s\u00faas ensinanzas por tradici\u00f3n oral en vez de escribilas, cousa que alg\u00fans pensan que estaba proibida, as\u00ed que a meirande parte das s\u00faas tradici\u00f3ns relixiosas ficaron perdidas. Pero sabemos que este festival estaba caracterizado coma un dos <em>\u00abcatro grandes festivais do lume\u00bb<\/em> dos celtas.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">As lendas din que nesta noite t\u00f3dolos lumes nas lareiras de Irlanda deb\u00edan extinguirse, e logo acenderse de novo a partir da fogueira central dos dru\u00eddas de Tlachtga, a 12 millas da cu\u00ed\u00f1a real de <strong>Tara<\/strong>. Este lume era xerado pola fricci\u00f3n de dous paos, en vez de usar outros m\u00e9todos m\u00e1is habituais daquela (chisqueiros). A extinci\u00f3n dos lumes simbolizaba a <em>\u00abmetade escura\u00bb<\/em> do ano, e o acendelos de novo era un s\u00edmbolo do regreso da vida que se agardaba tralo inverno.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00bfE qu\u00e9 pasa cos sacrificios que describen os historiadores da antig\u00fcidade? Pois que certamente os animais eran sacrificados nesta \u00e9poca do ano, coma por outra banda tam\u00e9n acontece agora no noso tempo do <strong>San Marti\u00f1o<\/strong>. Esta era a \u00e9poca de enche-las despensas para o inverno e de desbota-los animais que non ser\u00edan engordados para o ano seguinte. E sen d\u00fabida, moitos destes sacrif\u00edcios levar\u00edanse a cabo dun xeito ritual, coa partecipaci\u00f3n dos dru\u00eddas.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Respecto \u00f3s <em>sacrificios hum\u00e1ns,<\/em> os historiadores antigos divid\u00edanse moito neste tema. C\u00e9sar e T\u00e1cito falan de sacrificios hum\u00e1ns entre os celtas, pero hoxe ben sabemos que C\u00e9sar manipul\u00f3u a hist\u00f3ria no seu benef\u00edcio, para darse maior gl\u00f3ria, e sen d\u00fabida tam\u00e9n para xustificar \u00e9ticamente a aniquilaci\u00f3n dos pobos vencidos. Nora Chadwick apunta no seu libro <em>The Celts<\/em> que <em>\u00abfoi polo seu propio interese polo que os rom\u00e1ns aboliran os sacrif\u00edcios hum\u00e1ns nas s\u00faas pr\u00f3pias pr\u00e1cticas relixiosas non hab\u00eda moito tempo antes de C\u00e9sar, e as refer\u00e9ncias que fan a dita pr\u00e1ctica entre os pobos b\u00e1rbaros soan moito a auto-xustificaci\u00f3ns. Hai moi poucas evid\u00e9ncias arqueol\u00f3xicas encol dos sacrif\u00edcios hum\u00e1ns entre os Celtas\u00bb<\/em>. Non as\u00ed entre os rom\u00e1ns, por suposto.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">De feito, hai moi poucas refer\u00e9ncias a estas pr\u00e1cticas na literatura celta. A \u00fanica hist\u00f3ria que sobreviv\u00edu s\u00f3anos bastante \u00f3 conto do <strong>Minotauro<\/strong> das lendas gregas: os <strong>Fomori\u00e1ns<\/strong>, unha raza de xigantes que seica viv\u00edan en Irlanda antes da chegada do <em><strong>\u00abTuatha de Danaan\u00bb<\/strong><\/em> (<em>o pobo da deusa Danu<\/em>), ped\u00edan o sacrif\u00edcio das d\u00faas terceiras partes do trigo, leite, e os primox\u00e9nitos dos <strong>Fir Bolg<\/strong>, os habitantes hum\u00e1ns de Irlanda. Os <strong>De Danaan<\/strong> remataron con esta pr\u00e1ctica na segunda batalla de <strong>Moy Tura<\/strong>, que por certo tivo lugar o mesmo d\u00eda de <strong>Samhain<\/strong>.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">A tradici\u00f3n popular f\u00e1lanos de moitas pr\u00e1cticas de adivi\u00f1aci\u00f3n asociadas co Samhain. Entre as m\u00e1is com\u00fans, hab\u00eda progn\u00f3sticos sobre casamentos, o tempo, e as fortunas que agardaban para o ano. Todo isto fac\u00edase mergullando e pelando maz\u00e1s. A primeira persoa que trabara unha maz\u00e1 mergullada nun bocoi de auga ser\u00eda a primeira en casar, e canto m\u00e1is longa fose a monda da maz\u00e1 pelada, m\u00e1is longa ser\u00eda a vida. Moitas destas superstici\u00f3ns inda contin\u00faan vixentes entre n\u00f3s, coma poderedes observar.<\/span><\/p>\n<h2><a name=\"2\"><\/a><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; color: #000000; font-size: small;\">O Halloween hoxe<\/span><\/h2>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Os satanistas adoitan voltar \u00f3 rev\u00e9s t\u00f3dolos ritos e lit\u00farxias cristi\u00e1ns, e unha das s\u00faas noites m\u00e1xicas (<strong>Walpurgis<\/strong>) \u00e9 precisamente o 31 de outubro. Isto \u00e9 porque o 1\u00ba de novembro \u00e9 a festa de T\u00f3dolos Santos, polo que os satanistas estableceron que o 31 de outubro ser\u00eda <strong>a <\/strong>festa de t\u00f3dolos demos. Asemade, mentres que para a meirande parte da xente o <strong>Halloween<\/strong> \u00e9 unha festa inocente de feitizos e enmeigamentos, para os satanistas a noite de <strong>Walpurgis<\/strong> \u00e9 un dos seus maiores <em>sabbats<\/em> do ano.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Pero o Halloween non \u00e9 s\u00f3 unha festa antiga. Inda hoxe hai quen a celebra, e non \u00f3 xeito tradicional con disfraces e lambetadas. Os practicantes do moderno <em><strong>\u00abWicca\u00bb<\/strong><\/em> (a moderna relixi\u00f3n da bruxer\u00eda) te\u00f1en esta data coma unha das s\u00faas meirandes celebraci\u00f3ns do ano, e non faltan mesmo aqueles que a queren convertir en oficial, chegando a pedir permisos especiais no traballo coma se tal cousa. Moitos seguidores de v\u00e1rias relixi\u00f3ns pag\u00e1ns observan este d\u00eda como un festival relixioso. Celebran esta festa como d\u00eda de relembranza \u00f3s amigos falecidos, e \u00e9 inda unha noite especial para practicar v\u00e1rias formas de adivi\u00f1aci\u00f3n e para comezar novos proxectos.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Segundo denuncian algunhas igrexas fundamentalistas cristi\u00e1ns, alg\u00fans grupos aproveitan o <strong>Sama\u00edn<\/strong> para celebrar sacrif\u00edcios hum\u00e1ns. Non debemos esquecer que esta noite ven sendo prop\u00edcia para que toda caste de man\u00edacos fagan das s\u00faas nun pa\u00eds, os Estados Unidos, onde a viol\u00e9ncia \u00e9 a \u00fanica e verdadeira relixi\u00f3n practicada por case t\u00f3dolos seus habitantes. Nesta noite, as estat\u00edsticas de nenos desaparecidos multipl\u00edcanse, o \u00edndice de crimes rituais disp\u00e1rase e as violaci\u00f3ns de tumbas e sepulturas son algo habitual. Os fundamentalistas cristi\u00e1ns afirman que <em>\u00abCristo xam\u00e1is ir\u00eda a unha festa de Halloween\u00bb<\/em>, pero o certo \u00e9 que as festas deste tipo ad\u00f3itanse celebrar en lugares p\u00fabricos, coma col\u00e9xios, e mesmo en igrexas e sal\u00f3ns parroquiais.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">As\u00ed que, a pesar do que din as pel\u00edculas de Hollywood, os sacrif\u00edcios hum\u00e1ns e nin tan sequera os sacrif\u00edcios con sangue son unha pr\u00e1ctica dos dru\u00eddas ou os <em>\u00abwiccanos\u00bb<\/em> de hoxe. Pero claro, iso non quita que haxa alg\u00fan tolo por a\u00ed, por suposto.<\/span><\/p>\n<p><strong>\u00a0A<\/strong><a name=\"3\"><\/a><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; color: #000000; font-size: small;\"><strong>\u00a0orixe dos costumes de Halloween<\/strong><\/span><strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">OS DISFRACES<\/span><\/strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">: A pr\u00e1ctica de po\u00f1erse un disfraz na festa de Halloween ten a s\u00faa orixe na noite na que os dru\u00eddas acend\u00edan o lume central no que t\u00f3dolos dem\u00e1is deb\u00edan ir prendendo o das s\u00faas lareiras. Durante ese ritual a xente levaba disfraces, feitos de cabezas de animais e peles, para asustar \u00f3s <em>\u00abmalos espritos\u00bb<\/em>. Tam\u00e9n pod\u00edan ser unha representaci\u00f3n gr\u00e1fica das pantasmas e trasnos que axexaban na noite. Segundo a 11\u00aa edici\u00f3n da Encyclopedia Britannica, a xente levaba disfraces de animais para que os espritos da xente que habitaba nos corpos dos animais non atacasen \u00f3s vivos, \u00f3 confundilos con outras bestas.<\/span><\/p>\n<p>\u00a0<strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">TRUCO OU GALANO<\/span><\/strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">: (<em>\u00abTrick or Treat\u00bb<\/em>) Esta \u00e9 unha frase que adoitan dici-los nenos que van pedindo lambetadas polas casas \u00f3 abri- las portas. Ten unha orixe baseada nas fadas que andar\u00edan polos cami\u00f1os esa noite. Adem\u00e1is das fadas, moitas persoas estaban f\u00f3ra de casa, ocasionando danos. Como esta noite non pertenc\u00eda nin a un ano nin \u00f3 seguinte, o pobo celta cr\u00eda que o caos reinaba durante esa noite, e a xente adoitaba facer brincadeiras e bromas pesadas. Isto serv\u00eda tam\u00e9n coma sa\u00edda final para os altos espritos antes de que chegase a tristura do inverno.<\/span><\/p>\n<p>\u00a0<span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Durante o decurrir destes sucesos, moitas persoas imitar\u00edan \u00e1s fadas e ir\u00edan de casa en casa pedindo galanos. Fallar en subministrar alg\u00fan regalo normalmente ocasionar\u00eda unha broma pesada para o dono da casa. Como as fadas estaban f\u00f3ra esta noite, adoit\u00e1baselles deixar un pouco de comida ou leite nos chanzos da casa, e daquela o dono poder\u00eda ga\u00f1a-las benz\u00f3ns da <em>\u00abboa xente\u00bb<\/em> (os trasnos e fadas) para o ano vindeiro. Moitos dos donos tam\u00e9n deixaban f\u00f3ra unha soupa para os espritos dos que marcharon.<\/span><\/p>\n<p>\u00a0<strong>J<span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">ames Napier<\/span><\/strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\"> d\u00ed no seu libro <em>Holidays of Legend<\/em> que os granxeiros irlandeses \u00edan de casa en casa pedindo comida para os seus antigos deuses. Promet\u00edase boa sorte para todo aquel que dera un galano, pero ameaz\u00e1base \u00f3s que non.<\/span><\/p>\n<p><strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">AS CABAZAS<\/span><\/strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">: Outro dos cl\u00e1sicos costumes \u00e9 coller unha cabaza, deixala \u00f3ca, e facerlle uns buratos que simbolicen uns ollos e unha boca cadav\u00e9rica.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Logo se lles mete dentro unha vea prendida para iluminalas dende dentro. Nos Estados Unidos ch\u00e1maselles <em>\u00ab<strong>Jack-o-Lantern<\/strong>\u00ab<\/em>, unha verba de evidente orixe irlandesa, pero \u00bfque sinifican?\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Segundo a World Book Encyclopedia, son un antigo s\u00edmbolo dun alma en pena.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Tam\u00e9n corre a tradici\u00f3n de que o nome de <em>\u00ab<strong>Jack-O-Lanterns<\/strong>\u00ab<\/em> foi dado por un home chamado <strong>Jack<\/strong>, que non poido entrar nin no ceo nin no inferno, e polo tanto, andaba vagando na escuridade coa s\u00faa linterna at\u00e1 a fin do mundo. E os m\u00e1is escabrosos din que a tradici\u00f3n prov\u00e9n dun antigo sinal para marca-las casas daqueles satanistas na noite de Halloween.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">O certo \u00e9 que \u00e9 m\u00e1is cre\u00edble a versi\u00f3n que afirma que a xente que sa\u00eda pola noite imitando \u00e1s fadas levar\u00edan \u00e1s veces nabos tallados representando facianas. Esta \u00e9 a orixe do moderno\u00a0<\/span><em>\u00abJack-o-lantern\u00bb<\/em>.<\/p>\n<h2><a name=\"4\"><\/a><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; color: #000000; font-size: small;\">O Halloween en Galicia<\/span><\/h2>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Galicia resultou fortemente romanizada, polo que os m\u00e1is importantes ritos celtas ficaron perdidos para sempre moi cedo. E por se fora pouco, os restos de calquera sinal de paganismo foron borrados pola Igrexa cristi\u00e1 e polas sucesivas ondas do Estado.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">A <strong>festa de Santos <\/strong>ten en Galicia un senso moi particular, iso non ten d\u00fabida, pero sexa cal for, este senso \u00e9 totalmente integrable nas mesmas tradici\u00f3ns cristi\u00e1s de Castela e de todo o Mediterr\u00e1neo.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Tan s\u00f3 perviven coma recuperadas algunhas festas, coma a de <strong>Cedeira<\/strong>, e noutras vilas inda se garda a <strong>tradici\u00f3n dos fachos<\/strong>. Esta segunda \u00e9 moi simple: consiste en acender uns fachos e marchar con eles en procesi\u00f3n para facer unha grande fogueira.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">T\u00f3dolos que participan nesta ceremonia afirman que \u00e9 parte dunha tradici\u00f3n moi vella, que de feito podemos crer que se perde na noite dos tempos, pero a festa que realmente \u00e9 m\u00e1is pr\u00f3xima \u00e1 tradici\u00f3n do Halloween \u00e9 <strong>a festa do Sama\u00edn de Cedeira<\/strong>.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Os veci\u00f1os de Cedeira celebran a noite de Santos dende hai oito anos graci\u00f1as \u00e1 recuperaci\u00f3n do Sama\u00edn por parte da <strong>asociaci\u00f3n cultural <em>\u00abChirlateira\u00bb<\/em><\/strong> propiciando que centos de persoas, nenos na s\u00faa meirande parte, saian \u00e1 r\u00faa con cabazas talladas en forma de caveira cunha vela acendida no seu interior. A festa adoita comezar \u00f3 redor das cinco do ser\u00e1n e faise un percorrido polos calellos m\u00e1is escuros da vila \u00f3 comp\u00e1s da m\u00fasica dun tambor.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">No Concello da Illa de Arousa os nenos \u00e9rguense antes de que saia o sol e percorren as r\u00faas e tendas o d\u00eda 1 de novembro pedindo cunha algarada tradicional:\u00a0<\/span><\/p>\n<p><em><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00abunha limosni\u00f1a polos defunti\u00f1os que van al\u00e1\u00bb<\/span><\/em><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">.\u00a0<\/span><\/p>\n<p>\u00a0<span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Reciben cartos, laranxas, l\u00e1pises, boli\u00f1os de pan e lambetadas.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">E en Xil, una parroquia do concello de Mea\u00f1o na ladeira do monte, entre o lusco e o fusco os seus habitantes suben en procesi\u00f3n \u00f3 cemiterio portando velas.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Dende abaixo, obs\u00e9rvase unha <em>\u00absanta compa\u00f1a\u00bb<\/em> de luces oscilantes, e no mesmo cemit\u00e9rio non son poucas as vi\u00favas que ficaron toda a noite al\u00ed, velando \u00f3s seus mortos.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Se cadra, \u00e9 con esa e con outras tantas tradici\u00f3ns coas que hoxend\u00eda se seguen a facer pervivi-los antigos ritos celtas do <strong>Sama\u00edn<\/strong> na nosa terra, os que fan perdura-lo vello rito do m\u00e1is vello dos rituais: a mesma morte.<\/span><\/p>\n<p><strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">fonte\u00a0 de\u00a0 informaci\u00f3n\u00a0\u00a0 :\u00a0\u00a0\u00a0 revista \u00abnova fantas\u00eda\u00bb\u00a0<\/span><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As orixes de Halloween Inda que as orixes m\u00e1is lembradas da festa son americanas, a verdade \u00e9 que at\u00e9 1845 o Halloween non foi celebrado naquel pa\u00eds, alomenos dun xeito aberto. Os \u00abpais pelegr\u00edns\u00bb dos Estados Unidos, imbu\u00eddos pola s\u00faa fervenza relixiosa, ou ben desco\u00f1ec\u00edan a existencia desta festa, ou ben sinxelamente prohibiron celebrala. Pero en 1845-46 un suceso de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[9],"tags":[55,71],"class_list":["post-5295","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sociedad-2","tag-galicia","tag-sociedad-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5295","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5295"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5295\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5297,"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5295\/revisions\/5297"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5295"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5295"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5295"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}