{"id":5300,"date":"2011-11-11T00:51:58","date_gmt":"2011-11-10T23:51:58","guid":{"rendered":"http:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/?p=5300"},"modified":"2012-09-12T14:33:56","modified_gmt":"2012-09-12T13:33:56","slug":"san-martino-o-ritual-da-matanza-do-porco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/?p=5300","title":{"rendered":"San Marti\u00f1o: o ritual da matanza do porco"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">O <strong>San Marti\u00f1o<\/strong><\/span><span style=\"font-family: Calibri; color: #000000;\">, <\/span><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">o d\u00eda <strong>11 de Novembro<\/strong><\/span><span style=\"font-family: Calibri; color: #000000;\">, <\/span><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">marca en certo xeito a entrada no inverno. E, tradicionalmente, <\/span><span style=\"font-family: Calibri; color: #000000;\">o Dia dos <\/span><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\"><strong>Magostos<\/strong>. Tam\u00e9n marca o arranque das matanzas caseiras do porco, un ritual moi arraigado\u00a0 na Galicia rural e que agora volve a ter pulo.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">De ah\u00ed o dito popular:<\/span><\/p>\n<p><strong><em><span style=\"font-family: Calibri; font-size: small;\">\u00a0<\/span><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00abA todo porco lle chega o seu\u00a0 San Marti\u00f1o\u00bb<\/span><\/em><\/strong><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Anque o d\u00eda propio \u00e9 o 11 de novembro a matanza, para comodidade de todos, ad\u00f3itase facer calquera s\u00e1bado a partir desa data, sempre que sexa tempo de fr\u00edo ou xeadas e a l\u00faa estea en cuarto minguante (coa l\u00faa chea os xam\u00f3ns collen cismas ou o que se soe chamar \u00ab<em>bicho\u00bb<\/em>).\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.galiciaespallada.com.ar\/porcocelta.jpg\" alt=\"Porco celta\" width=\"366\" height=\"242\" align=\"left\" border=\"0\" hspace=\"7\" vspace=\"7\" \/> <\/span><\/p>\n<p><strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">O porco celta:\u00a0 a \u00fanica raza porcina <\/span><\/strong><\/p>\n<p><strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">aut\u00f3ctona de Galicia<\/span><\/strong><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00d3s <strong><em>cochos<\/em><\/strong> alim\u00e9ntanos con verdura, patacas, fari\u00f1a, millo, cebada, pic\u00f3n, casta\u00f1as, landras e con todo alimento que sobre na casa, anque canta m\u00e1is herba e verdura coma e canta m\u00e1is auga beba, mellor. E m\u00e1tanos cando te\u00f1en un ano e medio de idade ou algo menos, preferiblemente despois de que xa tiveran cr\u00edas. Pode pesar ent\u00f3n arredor de 130 quilos.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">O derradeiro d\u00eda non se lle d\u00e1 de comer para que te\u00f1a as tripas baleiras. Contan que o porco presinte a s\u00faa morte e pasa a noite batendo nas portas da corte como se percibise o que vai suceder. o saber popular expl\u00edcao doutro xeito: <em>\u00abesa noite lev\u00e1ntase sete veces para comer \u00f3 dono\u00bb.\u00a0<\/em><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Pensar\u00e1 o porco que a s\u00faa vida \u00e9 a m\u00e1is contradictoria de t\u00f3dolos animais da casa: vive sen traballar e vendo a s\u00faa gula alimentada para acabar sufrindo unha morte aleivosa a mans dos seus donos.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">A mellor carne \u00e9 a da femia, e \u00e9 sabido que a dos machos ten un sabor brav\u00fan, que se lle quita algo castrando \u00f3 animal. Pero quedan xa poucos capadores. Pola zona do Condado (Pontevedra)\u00a0 o tr\u00e1mite fac\u00edao o de A Lamosa, que anunciaba a s\u00faa chegada cun chifre que hoxe exp\u00f3n o Museo da provincia e que sempre distinguiu en Galicia a capadores e afiadores. Pola comarca segue vindo a\u00ednda o seu neto, a terceira xeraci\u00f3n da familia, pero no resto dos lugares o acto de castrar \u00f3 animal \u00e9 cousa xa dos veterinarios. <\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">O encargado de matar \u00f3 cocho \u00e9 o <em>matador<\/em>, <em>sangrador ou matach\u00edn<\/em>. Como ocorre co do capador, tam\u00e9n este oficio se est\u00e1 extinguindo, entre outras cousas porque din que imp\u00f3n moito a sensaci\u00f3n do sangue quente do porco correndo pola man.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Rematada a primeira xornada faise unha boa comida con todo aquilo que non se pode conservar (sangue, f\u00edgado, riles&#8230;). \u00c9 o d\u00eda no que se coci\u00f1a a figadeira, un exquisito encebolado de sangue e f\u00edgado, ingredientes que en tempos de miseria se com\u00edan por separado. <\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">O primeiro cocido feito coa carne dese marr\u00e1n vaise comer oito d\u00edas despois -o domingo seguinte \u00e1 fin de semana da matanza-, pero os mellores ingredientes quedan reservados para o gran cocido de Nadal ou de Ano Novo. <\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Un cocido galego moi completo pode levar pita, xam\u00f3n, lac\u00f3n, touci\u00f1o, chourizos de carne e de cebola, boches, coraz\u00f3n, \u00f3sos de cacheira e da so\u00e1 (espi\u00f1azo), un cacho de unto vello, verdura, carne de vaca (en Ourense t\u00f3mano de vitela), patacas, feix\u00f3ns brancos e verza com\u00fan ou repolo<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">As xornadas da matanza <\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">A matanza \u00e9 unha tarefa que ocupa varios d\u00edas e en t\u00f3dolos lugares se adoita dividir de xeito similar: <\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00a0 <\/span><\/p>\n<div><strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00a0<\/span><\/strong><\/div>\n<div><\/div>\n<h2>XORNADAS DA MATANZA<\/h2>\n<p><strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">PRIMEIRO D\u00cdA<\/span><\/strong><\/p>\n<table id=\"table2\" width=\"95%\" border=\"0\">\n<tbody>\n<tr>\n<td width=\"300\"><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.galiciaespallada.com.ar\/matanzaporco1.jpg\" alt=\"Matanza do porco\" width=\"286\" height=\"154\" align=\"left\" border=\"0\" hspace=\"7\" vspace=\"7\" \/><\/span><\/td>\n<td><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">M\u00e1tase o porco na adega ou na porta da casa.\u00a0<\/span>\u00a0\u00a0<span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Mentres os homes agarran \u00f3 animal, o <strong><em>matador<\/em><\/strong> vaino sangrando fac\u00e9ndolle unha incisi\u00f3n na badana (na parte da gorxa, xunto da noz) cun coitelo longo, todo dunha peza de ferro, exclusivo para este labor.\u00a0<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td width=\"300\"><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.galiciaespallada.com.ar\/matanzaporco2.jpg\" alt=\"Matanza do porco: recollida do sangue\" width=\"165\" height=\"237\" align=\"left\" border=\"0\" hspace=\"7\" vspace=\"7\" \/><\/span><\/td>\n<td><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Embaixo da gorxa hai que colocar un barre\u00f1o onde cae o sangue do cocho, que unha muller ten que remover constantemente para que non calle.\u00a0<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td width=\"300\"><span style=\"font-family: Century Gothic; color: #663300;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.galiciaespallada.com.ar\/matanzaporco3.jpg\" alt=\"Matanzo do porco: limpeza da pel con lume\" width=\"292\" height=\"203\" align=\"left\" border=\"0\" hspace=\"7\" vspace=\"7\" \/><\/span><\/td>\n<td><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Cando o porco est\u00e1 sangrado m\u00e9tese en auga fervendo ou queimase, cubr\u00edndoo con fentos secos, para limparlle a pel e quitarlle os pezu\u00f1os.<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td width=\"300\"><span style=\"font-family: Century Gothic; color: #663300;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.galiciaespallada.com.ar\/matanzaporco4.jpg\" alt=\"Matanza do porco: con fachos de palla se queman os pelos da pel\" width=\"300\" height=\"198\" align=\"left\" border=\"0\" hspace=\"7\" vspace=\"7\" \/><\/span><\/td>\n<td><span style=\"font-family: Century Gothic; font-size: x-small;\">Q<\/span><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">u\u00e9imase con\u00a0<strong><em> <\/em><\/strong><\/span><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\"><strong><em>fachos de palla<\/em><\/strong> <\/span><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; color: #000000; font-size: small;\">con obxeto de quitarlle os pelos e a pel.\u00a0\u00a0<\/span>\u00a0\u00a0<span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Mentras un vai queimando,\u00a0 outos vanno\u00a0 raspando con coitello ou incluso co sacho.\u00a0<\/span>\u00a0\u00a0<span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Logo de\u00a0 queimalos compre pasarlle unha auga e fregalos cunha pedra.\u00a0<\/span>\u00a0\u00a0<span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">D\u00e1selle\u00a0 a\u00a0 volta\u00a0 coas\u00a0 patas\u00a0 para\u00a0 arriba\u00a0 e\u00a0 c\u00f3rtase\u00a0 a\u00a0 pel\u00a0 do\u00a0 ventre\u00a0 (o bandullo), facendo unha figura oval.<\/span><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Na casa, as mulleres preparan a mesa para separar as tripas e quitarlles a graxa e os recortes. <\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">A graxa l\u00e1vase minuciosamente nun regato ou nunha fonte e ponse en sal. Co redocelo, unha graxa fina que hai entre as tripas, obt\u00e9\u00f1ense os chicharr\u00f3ns ou rox\u00f3ns, e coa que arrodea os riles se fai o unto, que logo se colga a afumar durante varios d\u00edas. <\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00c3\u0081 volta do r\u00edo t\u00f3mase adoito vi\u00f1o quente para entrar en calor e pr\u00f3base por primeira vez a carne, compartindo a tradicional figadeira t\u00f3dolos que participaron na matanza. <\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Durante esa noite o porco queda aberto, pendurado na adega con d\u00faas varas atravesadas para que non peche. Antes ter\u00e1n collido unha mostra de carne para mandar a analizar e garantir as\u00ed as s\u00faas propiedades.<\/span><\/p>\n<p><strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">SEGUNDO D\u00cdA <\/span><\/strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\"><br \/>\nT\u00e1llase o porco e sep\u00e1ranse as carnes de sangue para facer os chourizos de cebola e as carnes m\u00e1is limpas para facer os chourizos de carne.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Tam\u00e9n se lava e se salga, esfrag\u00e1ndoo con cebola ou vi\u00f1o branco para que o sal te\u00f1a humidade e penetre mellor. Logo d\u00e9ixase na maseira. Os d\u00edas para a salgadura van en raz\u00f3n dos quilos de carne (un quilo por d\u00eda). <\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Cons\u00e9rvase a cachucha, os \u00f3sos da so\u00e1 ou espi\u00f1azo, os lac\u00f3ns, os xam\u00f3ns, os boches ou pulm\u00f3ns, o coraz\u00f3n e o rabo. \u00d3 xam\u00f3n hai que lle escoar ben o sangue antes de salgalo para que non se estrague. Unha vez lavado e salgado ponse uns d\u00edas a afumar e despois c\u00f3lgase. <\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Con posterioridade preparan a zorza, carne picada e adobiada coa que se far\u00e1n os chourizos. Durante as tres ou catro noites posteriores d\u00e1selle voltas \u00f3 adobo para ver como vai. Esa mesma tarde as mulleres pican unha morea de cebolas, que logo se cocen e se deixan escorrendo ata o d\u00eda seguinte.<\/span><\/p>\n<p><strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">TERCEIRO D\u00cdA <\/span><\/strong><\/p>\n<table id=\"table3\" width=\"95%\" border=\"0\">\n<tbody>\n<tr>\n<td width=\"198\"><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.galiciaespallada.com.ar\/matanzaporco5.jpg\" alt=\"Matanza do porco: preparaci\u00f3n da zorza\" width=\"184\" height=\"256\" align=\"left\" border=\"0\" hspace=\"7\" vspace=\"7\" \/><\/span><\/td>\n<td><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Coa zorza e a cebola cocida o d\u00eda anterior \u00e9nchense os chourizos, primeiro os de sangue ou cebola e logo os de carne.\u00a0<\/span>\u00a0\u00a0<span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Hai quen fai tam\u00e9n salchich\u00f3n, rox\u00f3ns ou chicharr\u00f3ns cos restos da graxa cocida, botelo e androllas, un embutido elaborado con porci\u00f3ns musculares de diafragma, costela e pel de touci\u00f1o.<\/span>\u00a0\u00a0<span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Unha vez enchidos os chourizos remata a faena. Os de cebola af\u00famanse durante un mes.\u00a0<\/span>\u00a0\u00a0<span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Outras persoas cons\u00e9rvanos en cru, con allo, loureiro e aceite de xirasol (en tempos pasados, en vez de en aceite, remoll\u00e1banse na graxa do porco).<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">O reparto do traballo<\/span><\/strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00a0 <\/span><\/p>\n<ul>\n<li><strong><em><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Matador<\/span><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; color: #000000; font-size: small;\">:<\/span><\/em><\/strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; color: #000000; font-size: small;\">Fai os labores m\u00e1is importantes. Mata, abre, talla e chamusca \u00f3 cocho. Cobra por este traballo 5.000 pesetas. Normalmente \u00e9 veci\u00f1o da zona e fai esa tarefa en varias casas. \u00c9 un oficio que se est\u00e1 a extinguir, entre outras cousas porque o traballo non abonda.<br \/>\n<\/span><\/li>\n<li><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\"><strong><em>Homes:<\/em><\/strong> Os homes deitan o porco sobre a superficie onde se vai matar (normalmente, un banco ou un carro) e, mentres se sacrifica, ag\u00e1rrano cunhas cordas para que non se mova. Son alomenos cinco os que act\u00faan: dous para as patas de atr\u00e1s, dous para as de diante e un para o bandullo; o matador colle da cabeza. Se non hai homes suficientes na casa recorren \u00f3s veci\u00f1os para que os axuden e logo os corresponden colaborando nas s\u00faas matanzas. Este sistema de axuda ven de antigo y permite aforrar o pago de xornais a outras persoas.<br \/>\n<\/span><\/li>\n<li><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\"><strong><em>Mulleres:<\/em><\/strong> Recollen cun caldeiro o sangue que derrama o porco e o van removendo para que non calle. Enc\u00e1rganse tam\u00e9n de cortar e lavar as tripas e de elaborar os embutidos.<br \/>\n<\/span><\/li>\n<\/ul>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00a0 <\/span><strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Costumes<\/span><\/strong><\/p>\n<ul>\n<li><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">A matanza \u00e9 unha tarefa familiar e solidaria na que participan persoas da familia, amigos ou veci\u00f1os.<\/span><\/li>\n<li><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Durante ese d\u00eda son com\u00fans as chanzas e a xente adoita beber en abundancia, alomenos unha copa por cada porco matado, como ocorre en Pereiras (A Ca\u00f1iza), onde o mesmo grupo de veci\u00f1os axuda na matanza do animal de cada un dos do grupo. Hai anos tam\u00e9n era costume que, rematada a faena, o matador e a xente da casa xogasen unhas mans de cartas.<\/span><\/li>\n<li><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Esta tradici\u00f3n conserva connotaci\u00f3ns sexuais, e \u00e9 normal chancear cos \u00f3rganos sexuais do animal ou manchar \u00f3s demais coas feces que soltan as tripas.<\/span><\/li>\n<li><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Irremediablemente, como ocorre con tantas outras tradici\u00f3ns, se mant\u00e9n a divisi\u00f3n de traballos segundo o sexo: o home agarra \u00f3 porco e a muller elabora o que precisa ser coci\u00f1ado. Mesmo antes, as mulleres com\u00edan separadas dos homes que intervi\u00f1an na matanza, pr\u00e1ctica que felizmente foi esvaecendo.<br \/>\n<\/span><\/li>\n<li><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Refr\u00e1ns referentes \u00f3 San Marti\u00f1o: \u00a0<\/span><\/strong>\u00a0\u00a0<span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00a0<em>\u00abPor san Marti\u00f1o faise o magosto con casta\u00f1as asadas e vi\u00f1o ou mosto\u00bb.<\/em><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00ab<em>Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello\u00bb. <\/em><\/span><\/p>\n<p><em><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00a0\u00abO que non mata porqui\u00f1o non ten lac\u00f3n nin touci\u00f1o\u00bb. <\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00a0\u00abAlegr\u00eda, alegrote que anda o rabo da porco no pote\u00bb. <\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00abPolo Santo Andr\u00e9 mata o teu parco como o tes\u00bb. <\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00abPolo San Lucas mata o teu porco e ba\u00f1a a t\u00faa cuba\u00bb. <\/span><\/em><\/p>\n<p><em><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">\u00abPolo San Tom\u00e9 d\u00e1lle \u00f3 porco polo p\u00e9\u00bb. \u00a0<\/span><\/em><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Fontes de informaci\u00f3n:\u00a0 R\u00edas Baixas Magazine (www.riasbaixas.org), Breviario Enciclop\u00e9dico de Eladio Rodr\u00edguez G\u00f3nzalez.-<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-family: Calibri, Trebuchet MS; font-size: small;\">Fuente: <a href=\"http:\/\/www.galiciaespallada.com.ar\" target=\"_blank\">http:\/\/www.galiciaespallada.com.ar<\/a><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O San Marti\u00f1o, o d\u00eda 11 de Novembro, marca en certo xeito a entrada no inverno. E, tradicionalmente, o Dia dos Magostos. Tam\u00e9n marca o arranque das matanzas caseiras do porco, un ritual moi arraigado\u00a0 na Galicia rural e que agora volve a ter pulo. De ah\u00ed o dito popular: \u00a0\u00abA todo porco lle chega o seu\u00a0 San Marti\u00f1o\u00bb Anque [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[9],"tags":[55],"class_list":["post-5300","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sociedad-2","tag-galicia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5300","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5300"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5300\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7163,"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5300\/revisions\/7163"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5300"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5300"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.pesadillo.com\/pesadillo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5300"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}