Desde 1994 en la Red. La pagina de los aficionados a la electronica, informatica y otras curiosidades de la vida. No dudes en visitarnos.
Ahora 0 visitas.| 3410324 Visitas (desde Dic. 2011), hoy: 270 Visitas 688 Pag. Vistas , ultimos 36 dias: 10059 Visitas. 47945 Pag. Vistas. Tu IP: 18.222.23.119
Que ando curioseando:
AutosuficienciaCosas de casaElectronicaEn InternetInformáticaMundo MisticoSin categoríaSociedadTe lo recomiendo

Posibles soluciones al problema del vecindario.

Roberto Vidal me manda:

Hace unos días se ha creado en Vilagarcía una asociación ciudadana que tiene como fines defender a la gente pacífica ante los problemas que le puedan presentar vecinos problemáticos. Entre otros, uno de sus fundadores es Xose María Fernández (Chema), que fue profesor del Instituto de Física y Química y actualmente es Jefe de Estudios en el Armando Cotarelo.

Patricia me manda :

 http://www.ivilagarcia.com/fotos/OrdenanzaTenenciaCans.pdf

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
ANUNCIO
O Pleno da Corporación Municipal en sesión celebrada o 26 de marzo de 1999, aprobou inicialmente a Ordenanza Municipal Reguladora da tenencia, defensa e protección dos animais da especie canina. Sometido o expediente a información pública, de conformidade co disposto no art. 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, non se presentou ningunha reclamación contra o mesmo, polo que se considera definitivamente aprobada a seguinte:
ORDENANZA REGULADORA PARA A TENENCIA, DEFENSA
E PROTECCIÓN DOS ANIMAIS DE ESPECIE CANINA
Artigo 1º.
A tenencia de animais, de especie canina, en vivendas urbanas e outros inmobles estará condicionada a que as circunstancias hixiénicas do seu aloxamento sexan axeitadas á súa especie e características, e non conleven riscos para a saúde das persoas nin causen molestias, que non sexan as derivadas da natureza mesma do animal.
Artigo 2º.
O número de animais de especie canina que poidan aloxarse en cada domicilio ou inmoble poderá ser limitado pola autoridade municipal, en virtude de informes técnicos sanitarios que así o aconsellen, sempre de forma individualizada e suficientemente xustificada, e en orde a evita-los riscos e molestias referidos no artigo anterior, cumpríndose en todo momento a Orde Ministerial de data 16-12-1976, BOE data 3-2-1977, no que se refire expresamente ó contido do presente artigo.
Artigo 3º.
Os propietarios ou persoas que teñan baixo a súa garda e responsabilidade os animais de especie canina, estarán obrigados a proporcionárlle-la alimentación suficiente e adecuada ás súas características e circunstancias, asistencia sanitaria, tanto preventiva como curativa, e un aloxamento apropiado ás súas necesidades, así como a asegurarlle
- 1 -
o necesario descanso e o esparexemento físico requirido pola súa especie e características individuais.
As persoas antes sinaladas están obrigadas a que os animais de especie canina, pasen as revisións e vacinacións, ordinarias ou extraordinarias, que legalmente se establezan e a súa verificación farase constar na cartilla sanitaria do animal.
Artigo 4°.
O propietario dun can, sexa o primitivo adquirinte ou persoa distinta daquel, está obrigado a censalo no Censo Municipal de Animais de Especie Canina, no prazo máximo de. tres meses desde a data da súa adquisición, co fin de dotalo de cartilla sanitaria e placa de identidade, que será válida durante toda a súa vida, e na que figurará, necesariamente, á marca de identificación individualizada.
Co fin de que o censo se corresponda en todo momento coa realidade, o propietario que faga doazón do seu animal a outra persoa, estará obrigado a comunicalo de forma inmediata ó Concello, e será considerado responsable legal, a tódolos efectos, en tanto non se produza a correspondente anotación de cambio de titularidade.
O prezo da placa de identidade determinarase por acordo da Comisión Municipal de Goberno. Os animais que non fosen sometidos ás campañas de vacinación, controles e tratamentos veterinarios previstos, así como aqueles que se encontren en estado de atención insuficiente, segundo os termos do artigo 3º, poderán ser recollidos polos servicios municipais.
Artigo 5º.
As persoas que conduzan animais de especie canina polas vías públicas e outros lugares de titularidade ou concorrencia pública, estarán obrigados a adopta-las medidas adecuadas para evitar que manchen estes lugares coas súas deposicións.
Artigo 6º.
Toda persoa ou establecemento que teñan baixo a súa garda a un animal de especie canina, está obrigada, cando observe enfermidades presumiblemente infecto-
- 2 -
contaxiosas ou parasitarias, a sometelos a control veterinario para que perciban oportuno tratamento, sen prexuízo de medidas excepcionais que poidan acorda-las autoridades competentes en caso de pragas ou outras situacións extraordinarias.
Artigo 7º
A verificación das vacinacións e tratamentos veterinarios aplicados farase constar na cartilla sanitaria correspondente ó animal.
Artigo 8º.
A morte ou desaparición dun animal de especie canina deberá ser comunicada de forma inmediata ó Censo Municipal de Animais de Especie Canina, por parte de quen o teña ó seu cargo.
Artigo 9º.
Os animais de especie canina abandonados, serán aloxados na Canceira Municipal e proporcionaránselles alimentación, atencións e coidados veterinarios adecuados mentres permanezan na mesma.
Artigo 10º
No suposto de que un animal de especie canina ocasione danos persoais a terceiros, o seu propietario ou persoa responsable está obrigado a facilitar, a requirimento dos servicios municipais, a identidade de cartilla sanitaria do animal, así como a presentalo nos servicios veterinarios, co fin de proceder ó seu exame e sometelo a observación durante o tempo necesario.
Todo iso con independencia, das responsabilidades, penais ou civís en que o responsable puidera incorrer.
Artigo 11º.
Na defensa e protección dos animais, e’ para o cumprimento dos fins previstos nesta Ordenanza, singularmente no referente á recollida, coidados e recolocación de animais
- 3 -
- 4 -
abandonados de especie canina, o Concello de Vilagarcía de Arousa colaborará. coa Asociación Protectora de Animais dentro do seu ámbito competencial.
DISPOSICIÓNS FINAIS
Primeira.
A presente Ordenanza entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Segunda.
A Alcaldía queda facultada para dictar cantas ordes ou instruccións resulten necesarias para a adecuada interpretación, desenvolvemento e aplicación desta Ordenanza.
Terceira.
Co fin de confecciona-lo Censo Municipal de Animais de Especie Canina, quedan obrigados os posuidores de cans a declara-la súa existencia no prazo de seis meses contados a partir da entrada en vigor desta ordenanza, utilizando ó efecto 0 modelo que facilitará o Concello e que figura como anexo á presente Ordenanza.
O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no art. 70.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
Vilagarcía de Arousa, a 10 de xuño de mil novecentos noventa e nove.
O Alcalde, Joaquín Javier Gago López.

Escribe un comentario

Tu comentario