Desde 1994 en la Red. La pagina de los aficionados a la electronica, informatica y otras curiosidades de la vida. No dudes en visitarnos.
Ahora 1 visitas.| 3407725 Visitas (desde Dic. 2011), hoy: 250 Visitas 670 Pag. Vistas , ultimos 36 dias: 10070 Visitas. 37963 Pag. Vistas. Tu IP: 18.226.222.12
Que ando curioseando:
AutosuficienciaCosas de casaElectronicaEn InternetInformáticaMundo MisticoSin categoríaSociedadTe lo recomiendo

O teléfono de atención sanitaria do Sergas

O teléfono de atención sanitaria 902400116, funciona as 24 horas, os 365 días do ano.
Todas as chamadas son atendidas, en función do motivo da súa consulta, por médicos/as e enfermeiros/as que responderán as súas dúbidas e facilitarán a información solicitada.

O teléfono 902400116, é un número fácil de memorizar a fin de darche acceso rápido e sinxelo ao servizo que precisas. O custo da chamada varía segundo a súa duración e depende do operador co que teñas contratada a túa liña telefónica. Non obstante, este servizo está conectado a un número telefónico convencional (981953400), ao que, se prefires, tamén podes chamar para aproveitar as vantaxes da tarifa que teñas contratada coa túa compañía telefónica.

SITUACIÓNS SANITARIAS NON URXENTES.

  • Problemas relacionados con enfermidades/síntomas.
  • Problemas relacionados co embarazo, parto e puerperio.
COIDADOS ASISTENCIAIS.

  • Información sobre medicamentos.
  • Problemas sobre o manexo de dispositivos implantados: sondas (urinarias, nasogástricas…), dispositivos de diálise, dispositivos de osíxeno, soros…
  • Dúbidas sobre o manexo de aparellos: glicómetro, tensiómetro…
  • Consultas sobre curas.
  • Coidados de pacientes crónicos e puericultura.
PROBAS MÉDICAS.

  • Preparación e interpretación de probas diagnósticas.
PREVENCIÓN E HÁBITOS SAUDABLES.

  • Campañas de Saúde Pública (gripe, vaga de calor…).
  • Vacinación.
  • Métodos anticonceptivos.
  • Consellos aos viaxeiros.
  • Información sobre drogas.
  • Dieta e exercicio físico.
INFORMACIÓN SOBRE CENTROS E SERVIZOS SANITARIOS
ASESORÍA A PROFESIONAIS SANITARIOS (persoal médico e de enfermaría)
 
Fuente: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=62116

Escribe un comentario

Tu comentario