Desde 1994 en la Red. La pagina de los aficionados a la electronica, informatica y otras curiosidades de la vida. No dudes en visitarnos.
Ahora 1 visitas.| 3408519 Visitas (desde Dic. 2011), hoy: 280 Visitas 698 Pag. Vistas , ultimos 36 dias: 10109 Visitas. 43984 Pag. Vistas. Tu IP: 3.147.104.120
Que ando curioseando:
AutosuficienciaCosas de casaElectronicaEn InternetInformáticaMundo MisticoSin categoríaSociedadTe lo recomiendo

Uxío Novoneyra xa ten un Día das Letras Galegas.

Uxío Novoneyra naceu o día 19 de xaneiro de 1930 en Parada do Courel no seo dunha familia labrega. Sendo estudante de bacharelato en Lugo coñeceu a Manuel María e ambos frecuentaron o trato de intelectuais da xeración anterior, como Luís Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro.

Con 19 anos Uxío trasladouse a Madrid onde se matriculou na Facultade de Filosofía e Letras e regresou en 1951 para facer o servizo militar.

Entre 1953 e 1962 volve vivir no Courel obrigado por unha pleuresía que o tivo á morte. Nesta prolongada reclusión coñecerá a María Mariño e o seu marido Roberto Pose. Este encontro entre o mozo poeta e María Mariño dará lugar a unha das máis frutíferas relacións literarias de Galicia.

En 1962 Uxío traballou en Madrid facendo programas de radio e televisión e participando nalgunha das actividades do grupo Brais Pinto ata o seu regreso a Parada en 1966 reclamado polos seus pais, xa vellos e enfermos. En 1973 casou con Elba Rei, coa que tivo tres fillos, residían entre o Courel e Lugo para instalárense definitivamente en Santiago en 1983. En 1982 Novoneyra fora elixido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ocupou ata a súa morte, ocorrida o 30 de outubro de 1999.

Novoneyra foi un poeta de entrega total, cunha obra en constante refacción, en continua forxa. Mais non por isto foi un poeta de minorías xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co pobo. Algúns dos seus poemas extensos, como Vietnam Canto ou Letanía de Galicia estiveron presentes en cancións e recitacións desde a súa creación en 1968.

Entre os seus libros destacan Os Eidos (Galaxia, Vigo, 1955), con prólogo de Ramón Piñeiro, Os Eidos-2 (Galaxia, Vigo, 1974), ilustrado por Laxeiro, ao que lle dedica un extenso poema, Poemas caligráficos (Brais Pinto, Madrid, 1979), que recolle poemas publicados con anterioridade pero artisticamente mostrados a través da caligrafía do autor.

En Muller para lonxe (Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo) reúne algúns poemas de amor xa publicados e outros inéditos, ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro e un epílogo de Claudio R. Fer. O poemario Tempo de elexía (Vía Láctea, Oleiros, 1991) recolle esencialmente Elexías do Courel (Rialp, Madrid, 1966) pero sen a tradución ao castelán que incluía a edición castelá. Os dous últimos poemarios de Uxío Novoneyra serán Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (Espiral Maior, A Coruña, 1994) e Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (Hércules de Ediciones, A Coruña, 1998).

Alén da súa incursión na narrativa para nenos, temos que sinalar a oralidade da súa poesía, que adquiría matices especiais cando o mesmo poeta recitaba os seus propios versos. Unha proba máis do seu enraizamento co pobo e coa poesía popular.

Fuente: http://www.realacademiagalega.org/notebook/FindNote.do?noteIdentifier=103&startIndex=1&count=100

Escribe un comentario

Tu comentario