Desde 1994 en la Red. La pagina de los aficionados a la electronica, informatica y otras curiosidades de la vida. No dudes en visitarnos.
Ahora 1 visitas.| 3402068 Visitas (desde Dic. 2011), hoy: 258 Visitas 674 Pag. Vistas , ultimos 36 dias: 9802 Visitas. 25928 Pag. Vistas. Tu IP: 44.192.71.254
Que ando curioseando:
AutosuficienciaCosas de casaElectronicaEn InternetInformáticaMundo MisticoSin categoríaSociedadTe lo recomiendo

Premio a los amiguetes

Diario Oficial de Galicia

luns, 24 de marzo de 2008

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Número do Dog:56

Páxina do Dog: 4.826
Data da Disposición: 12 de marzo de 2008
Sección: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo: CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE
Rango: Orde
Título: Orde do 12 de marzo de 2008 pola que se crean os Premios Nacionais da Cultura Galega e se convocan para o ano 2008.

Orde do 12 de marzo de 2008 pola que se crean os Premios Nacionais da Cultura Galega e se convocan para o ano 2008.

A cultura galega, en todas as súas formas de expresión, goza neste momento dun gran dinamismo e dunha rica creatividade. Nos distintos ámbitos de actuación, nas diferentes artes e en variadas iniciativas, a nosa cultura ten protagonistas individuais e colectivos que achegan un capital de valor incalculáble para o noso desenvolvemento como país.

O Goberno galego, a través da Consellería de Cultura e Deporte, ten como obxectivo promover e incentivar a cultura en todas as súas manifestacións. Esta liña de actuación inclúe o recoñecemento das persoas, colectivos, entidades ou institucións que contribúen de xeito decisivo á creación e difusión da nosa cultura.

Por todo isto, a Consellería de Cultura e Deporte crea e convoca os Premios Nacionais da Cultura Galega coa finalidade de facer unha mención pública a aquelas persoas ou colectivos -tanto asociacións como institucións- que se destacasen no enriquecemento da cultura galega, tanto coas súas obras como coa participación en distintas iniciativas no ámbito da creación ou do fortalecemento do noso patrimonio cultural.

Coas distintas categorías seleccionadas, a Consellería de Cultura e Deporte quere recoller o mapa dunha cultura como a nosa que ten unha identidade propia, que goza dunha longa historia e unha rica tradición e que se manifesta tamén nas máis actuais formas de expresión. A cultura galega vive un gran momento creativo e estanse a abrir camiños na proxección exterior e na promoción en novos públicos e ámbitos, que se recollen tamén nesta convocatoria.

En exercicio das facultades que me outorga o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:
Artigo 1º.-Creación.
1. Créanse os Premios Nacionais da Cultura Galega nas seguintes categorías:
Premio Nacional de Arquitectura e Espazos Públicos.
Premio Nacional de Artes Visuais.
Premio Nacional de Artes Escénicas.
Premio Nacional de Literatura.
Premio Nacional de Música.
Premio Nacional de Patrimonio Cultural.
Premio Nacional de Pensamento e Cultura Científica.
Premio Nacional de Cine e Audiovisual.
Premio Nacional de Iniciativa Cultural.
Premio Nacional de Cultura Tradicional e de Base.
2. Os Premios Nacionais da Cultura Galega convocaranse con carácter anual a partir de 2008. O seu obxecto é distinguir as persoas, entidades e institucións que destacasen no enriquecemento da cultura galega coas súas obras ou coa súa participación nas iniciativas do ámbito do patrimonio cultural galego.

Artigo 2º.-Convocatoria.
Convócanse os Premios Nacionais da Cultura Galega para o ano 2008, en todas as súas categorías.

Artículo 3º.-Candidaturas.
1. Os premios recaerán preferentemente en persoas, físicas ou xurídicas, que teñan destacado por unha obra ou actuación desenvolvida no ano anterior ou en recoñecemento do conxunto dunha traxectoria.

2. Concederanse os premios pola calidade das obras e actividades, pola súa difusión, pola promoción que supoñen para a creación artística ou o patrimonio galegos e tamén polo carácter innovador das iniciativas.

3. As candidaturas poderán ser presentadas polos membros do xurado, previamente ou nas propias sesións de valoración, e tamén por institucións, entidades culturais e profesionais relacionadas coas actividades artísticas, culturais e patrimoniais obxecto de cada premio. Os candidatos ou candidatos non poderán postularse a si mesmos/as.

Dirixiranse á Consellería de Cultura e Deporte cun informe razoado que xustifique a súa presentación.

O prazo de presentación de candidaturas será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º.-Dotación.
1. A dotación económica será de 15.000 euros para cada un dos premios, cantidade que non pode ser divisible.

2. O importe dos premios financiarase con cargo aos créditos orzamentarios correspondentes ás partidas 12.02.432B.640.1 e 12.03.433A.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2008.

Artigo 5º.-Xurado.
1. Todos os premios serán adxudicados por un xurado único, formado por 15 persoas e profesionais de recoñecido prestixio e representativas de cada sector da cultura nas actividades obxecto dos respectivos premios, nomeadas pola conselleira de Cultura e Deporte por proposta dos directores xerais correspondentes.

2. A conselleira de Cultura e Deporte actuará como presidenta do xurado.
En caso de ausencia ou imposibilidade, a presidenta pode delegar noutro membro do xurado.

3. O secretario do xurado, con voz pero sen voto, será un funcionario destinado na Consellería de Cultura e Deporte.

4. Os nomes das persoas integrantes do xurado publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

5. Os membros do xurado terán dereito a percibir as gratificacións correspondentes aos seus traballos de asesoramento e, de ser o caso, aos gastos de locomoción e aloxamento.

6. No non previsto por esta orde, o xurado axustará o seu funcionamento ao establecido no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 6º.-Resolución.
1. A decisión do xurado elevarase á conselleira de Cultura e Deporte e a orde de concesión dos premios publicarase no Diario Oficial de Galicia.

2. Os Premios Nacionais da Cultura Galega entregaranse no marco dun acto institucional organizado pola Consellería de Cultura e Deporte.

Disposición adicional
Esta orde está excluída da aplicación da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, conforme o establecido no seu artigo 4.1º a).

Disposición derradeira
Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2008.
Ánxela Bugallo Rodríguez
Conselleira de Cultura e Deporte
Ver referencia pdf “05600D013P051.PDF”

Escribe un comentario

Tu comentario