Desde 1994 en la Red. La pagina de los aficionados a la electronica, informatica y otras curiosidades de la vida. No dudes en visitarnos.
Ahora 2 visitas.| 3410085 Visitas (desde Dic. 2011), hoy: 336 Visitas 947 Pag. Vistas , ultimos 36 dias: 10112 Visitas. 48253 Pag. Vistas. Tu IP: 3.17.183.24
Que ando curioseando:
AutosuficienciaCosas de casaElectronicaEn InternetInformáticaMundo MisticoSin categoríaSociedadTe lo recomiendo

Festa do Embalse da Fervenza 2009

El domingo staremos por alli!!!

Exquisita Carne a Grella, Verbena con Olympus e Panorama, exposicións,  xogos populares, festa da xuventude, etc… Unha morea de actividades nos agardan o 7,8 e 9 de agosto na Fervenza.
DESCARGA O PROGRAMA DA FESTA AQUÍ

http://www.anosacosta.es/downloads/fervenza2009.pdf

Chega unha nova edición da Festa do Embalse da Fervenza que organiza o concello de Mazaricos  nun entorno ideal para todo tipo de propostas. Serán tres días de troula aproveitando a baixada das augas do encoro, que se aproveita como espazo lúdico e cultural, e que nas súas 52 hectáreas se convirte en referencia nesta segunda fin de semana de agosto. A Festa do Embalse arranca o venres, coa Festa da Xuventude, cunha degustación de polo a grella e o espectáculo dunha discoteca móbil denominada Spacemusic.

O sábado pola mañán abriráse unha exposición agropecuaria e de servizos, con multitude de ofertas. Durante a tarde terá lugar unha xincana automobilística e unha carreira de Quads, e pola noite un dos puntos potentes da  festa, unha verbena  con dúas das mellores orquestras de Galicia, a Panorama e a Olympus. Precisamente Panorama leva catro anos consecutivos gañando o concurso da mellor orquestra de Galicia que organiza a web anosacosta.com.  Antes da actuación das dúas orquestras, actuará o grupo Venezia.

O domingo haberá un xantar con carne de tenreira e porco a grella con criollos, pementos, e a animación musical do grupo de gaitas do concello de Mazaricos. Pola tarde haberá numerosas actividades, tales como as probas de habilidade e diversión (tiro a corda, pano, táboas, carreiras de caldeiros, xente ao lombo). E non faltarán as carreiras de cabalos e  un parque infantil, neste parque de atraccións ó aire libre. A promoción da carne de tenreira é o obxectivo principal da festa, para o que se mercan maís de 1000 kilos de carne para churrasquear, cun exhaustivo control de calidade para que o producto ofertado sexa o mellor.

Escribe un comentario

Tu comentario