Desde 1994 en la Red. La pagina de los aficionados a la electronica, informatica y otras curiosidades de la vida. No dudes en visitarnos.
Ahora 1 visitas.| 3410044 Visitas (desde Dic. 2011), hoy: 336 Visitas 947 Pag. Vistas , ultimos 36 dias: 10112 Visitas. 48253 Pag. Vistas. Tu IP: 3.15.27.232
Que ando curioseando:
AutosuficienciaCosas de casaElectronicaEn InternetInformáticaMundo MisticoSin categoríaSociedadTe lo recomiendo

Fuxan os Ventos, Letras II

As pachocas

¡Que ben cantan, que ben bailan
aquelas catro pachocas!
¡Que ben cantan, que ben bailan!
¡Que ben menean as zocas!Aqueles que andan no baile
ambos me parecen ben,
ela parece unha rosa
e el parece un caravel.

Eu pedinllo a unha nena
no porteliño do prado.
Respondeume a picarona
que estaba o campo mollado.

Aquel paxaro non canta
seica non ten alegría,
non se fai cousa de noite
que non se saiba de día.

Vamos ruando, meniña,
e vamos ruando a eito,
xa que levámo-la sona,
levarémo-lo proveito.

Séntate aquí miña prima
ti nunha pedra e eu noutra,
axudarasme a cantar,
a miña fortuna é pouca.

Balada dos sete mariñeiros

Mariñeiros á ventura,
dunha noite atreboada
que cecais non te retorno
a ningunha madrugada.
Mariñeiros que navegan
percurando a pesca incerta
o armador en terra firme,
dorme namentras espera
A muller do mariñeiro
agarda mentras, desperta
ó carón dun lar sin lume;
zoa o vento sobre as tellas.
O mariñeiro pelexa
no medio e medio do mare,
co vento que peta firme,
e fai o barco abalare.
No medio e emdio da noite
o armador dorme agardando,
agarda-esperta a muller,
e o mariñeiro loitando
E choran sete mulleres
no medio e medio do día,
na noite do mar revolto
sete homes se perdían.
O armador xura de rabia,
no medio e medio do día,
Na tempestade da noite
un barco a pique se iba.
Pola mañán desgonzados,
sete corpos sobre a praia,
sete mariñeiros mortos,
bébedos de auga salgada.
Na tarde tocan campás
o repinicar da morte,
mentras tanto sae o mar
outro barco con sete homes.

Brazos pra seitura

O vento da emigración
arrasou a nosa terra,
os vellos laian,
os nenos, berran.
Fai anos cincoenta,
hoxe nin vinte hai,
chega o més da sega
¿quen seiturará?
Quince na Suiza,
doce alen do mar,
tres no sul da Francia
¿quen seiturará?
Dos vinte que quedan
dez a traballar,
sete que son nenos
¿quen seiturará?
Tres vellos que agardan
a morte chegar,
co corpo engurrado
¿quen seiturará?
Homes e mulleres,
hai que sementar
a nosa verdade,
por ela loitar.
Pechemo-las portas,
que non fuxan máis,
pois se van todos
¿quen seiturará?.

Canción pra adormiñar a lembranza

Peta, na porta da noite, a lembranza:
enche o silencio de berros espidos.
ai, que soubera a canción
que a pode adormiñar
pra sempre. Pero non…VOLTARA UN DIA E OUTRO MAIS,
O SE DEITAR O SOL
PEDINDO DE CEAR.

Tempo fuxido que ves convocando
soio naufraxios, cousas carunchadas.
Traes saudade a navigar,
tristura a revivir
e trebas a medrar!

LEVA XA
OS MORTOS CANDA TI,
QUE QUEREMOS CHEGAR
DO FUTURO O CONFIN!

Canción pra escribir mañá

Dixeronme de neno cando era
namais que vento e fume dado ó vento.
Sen sempre un alma pura, un sentimento
de rosas e de estrelas, primaveira.
Unhos anos dispois ó sé-lo inferno
dun bosco escomenzando a abrirse á vida
dixeronme: Neno, a vida eche moi dura,
moi sofrida
despois da primaveira, ven o inverno.
Agora pola terra camiñando,
loitando coa vida, en contra da vida,
non ollo mais que pranto e xeada
Ninguén me dice nada.
Vou andando, silandeiro,
pola chaga compartida,
porqué non me dín nada…?

…continuará

Escribe un comentario

Tu comentario